O RECUNCHO DAS NORMAS


Neste apartado pretendemos darvos a coñecer dun xeito progresivo e paseniño as normas do uso do galego, prestando especial atención ós últimos cambios normativos introducidos na nova normativa oficial aprobada en 2003, porque observamos que aínda agora están a crear confusión nos usuarios.

Dende o EDLG coidamos que baleirar na rede toda Normativa é absurdo por dúas razóns: porque ninguén - ou case ninguén, pois algún haberá - ponse de súpeto a estudar toda a normativa dunha sentada e porque xa está ó noso dispor na rede e podedes atopala na seguinte ligazón: 


Pola contra, consideramos que é moito máis eficaz e moito máis levadío para o que teña interese presentar aos poucos a citada normativa. Así as persoas interesadas irán afacéndose coas normas da nosa lingua cun mínimo esforzo e dun xeito ata certo punto lúdico.

Neste senso é a nosa idea ir dando a coñecer algún aspecto concreto da normativa cunha periodicidade relativa (dependendo das nosas posibilidades) tanto no taboleiro do EDLG sito no salón do Centro como nos taboleiros das aulas e distintas dependencias do CIFP A Granxa e neste apartado da bitácora.

Para non saturar os taboleiros e que a xente se anime a facer un pequeno esforzo unha vez cada quince ou trinta días, cada vez que se coloque unha nova norma se quitará a anterior. Para que as usuarias e os usuarios poidan ter ó seu dispor as normas e consultalas cando o necesite, nesta bitácora permanecerán almacenadas sempre as achegas aportadas dende o principio.

Norma nº01
Os grupos CC e CT
Data:30/11/2011


Adicionalmente, xunto con cada norma poremos tamén un pequeno recadro con algún dos erros máis comúns que cometemos no uso diario da nosa lingua para que os vaiamos corrixindo ós poucos.

Pequenos erros
Non se debe dicir
Deberías dicir


Exemplo:

Listado de normas:

Norma nº 01
Data:30/11/2011
Norma nº 02
Data: 31/01/2012
Norma nº 03
Data:07/02/2012
Norma nº 04
Data:17/04/2012
Norma nº 05
Data:06/11/2012
Norma nº 06
Data:09/01/2013
Norma nº 07
Data:28/05/2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario