LEXISLACIÓN


Neste apartado indicámosvos algunhas das normativas que nos atinxen respecto á lingua galega, coas respectivas ligazóns á lexislación específica. Recordamos que a lexislación hai que respectala e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.

     Actualmente as máis importantes son (Última revisión 21/11/2011):

      Regulamento Orgánico dos Centros Integrados de F.P.: Regúlase neste decreto o funcionamento e organización do CIFP A Granxa e, en consecuencia o propio funcionamento do EDLG e a promoción dos idiomas en xeral e da lingua galega en particular, sempre de acordo co Decreto 266/2007, do 28 de decembro, polo que se regulan os CIFP na Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación  e o resto de normas que rexen o funcionamento dos centros públicos de ensino.

Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Dog nº 90, do 10 de maio de 2011).

        Decreto do plurilingüismo:  Neste decreto regúlanse o uso da lingua galega na administración educativa e o das linguas oficiais de Galicia no ensino non universitario na nosa Comunidade así como do uso progresivo e voluntario das linguas estranxeiras no ensino.


      Lei de Normalización lingüística: Esta lei fixa os dereitos lingüísticos en Galicia e rexe o uso oficial do galego na Administración pública.

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística. (DOG núm. 84, do 14 de xullo de 1983).

       Orde de Regulamento do CELGA: Mediante esta orde regúlanse os certificados oficiais de coñecemento dos diferentes niveis de lingua galega e as probas para obtelos.



Aínda que a anterior é a máis importante, hai moita máis lexislación. Na seguinte dirección poderedes atopar máis cumprida información sobre a lexislación sobre o galego:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario