LIGAZÓNS


Neste apartado tentaremos indicarvos as conexións coas páxinas web que poidan interesar a Comunidade escolar tanto no eido da lingua como do agro. Procuraremos telas ordenadas por temas e informarvos sucintamente do contido de cada unha delas para que poidades saber de que se fala en cada páxina web sen necesidade de entrar nela.

Debedes ter en conta que este tipo de comentarios son persoais e podedes non estar de acordo con eles. Se consideras que a información proporcionada é errada comunícanolo e corrixirémola.

Do mesmo xeito se coñeces algunha ligazóns que consideras que debería estar nesta sección non dubides en comunicárnolo.

LIGAZÓNS:

Xerais:
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística: Páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia na que se pode encontrar ampla información sobre a lingua galega e que ten a súa vez múltiples ligazóns a outras páxinas de interese.
  • Lingua galega: Apartado dedicado á lingua galega na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia onde se pode encontrar todas as novas relacionadas coa lingua e a educación.
  • Equipos de Dinamización da Lingua Galega: Páxina web específica dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dependente da  Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia na que se pode encontrar interesante información (premios, formación, axudas e bibliografía) e que ten a súa vez múltiples ligazóns a outras páxinas de interese (algún dos seus apartados máis específicos poderedes encontralos noutras ligazóns mais abaixo).
Formación:
  • Formación: Apartado  da  páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia onde se poden atopar as distintas convocatorias de cursos de formación, bolsas, etc.
  • Celga:  Apartado  da  páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia onde se pode atopar toda a información sobre o Sistema de Certificación de Lingua Galega  (Celga): Tipos, requisitos, validacións... Recordade que, como mínimo para moitos postos de traballo na Administración Pública en Galicia é necesario estar en posesión dalgún nivel destes certificados.
Aprendizaxe do galego nos medios:

  • Ben falado: Ligazón ó programa Ben falado! que emite a TVG. Estes pequenos espazos da televisión poden axudarnos, tal e como indica o nome do programa, a aprender dun xeito sinxelo o noso idioma.
  • Galego con curso Ligazón ó programa Galego con curso que emite V Televisión. Este programa cun formato dunha clase-concurso pode axudarnos a aprender dun xeito sinxelo o noso idioma.
  • Un mundo de palabras Ligazón ó programa Un mundo de palabras que emite a Radio Galega. Este programa radiofónico é, segundo os seus propios creadores, un espazo para a difusión da cultura da palabra, un punto de encontro de diferentes modos creativos orais, de tempos, de persoas, de culturas e mundos, de tradición popular e de autor.
  • Linguagalega.tv: Ligazón á unha televisión a través de internet que busca divulgar, promover e dar a coñecer a língua galega.
Dicionarios: (Recorda que, segundo a nova Normativa do galego, dicionario e cunha soa C, polo que, o uso de exemplares obsoletos [escrito diccionario] pode levarte a erros).
  • Dicionario da Real Academia Galega Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
  • Recursos Integrados da Lingua Galega: Dentro das moitas aplicacións que pon ó noso dispor o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, destaca esta plataforma RILG na que, usando á vez unha chea de recursos da rede, podes encontrar as distintas acepcións de calquera termo e, ademais e ó mesmo tempo, a súa tradución a outros idiomas ou a súa aparición en diversos ámbitos específicos (literatura, entornos técnicos, etc.).

Bitácoras:
  • O peixe na patela:  Nesta  bitácora do Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Vigo podes atopar información moi interesante nas súas distintas seccións (dicionarios, dúbidas da lingua, fraseoloxía, etc.).

No hay comentarios:

Publicar un comentario