AGROLINGUA


Neste apartado esperamos ir construíndo coa vosa inestimable axuda unha base de datos dos termos en galego propios dos nosos sectores agrario e agroalimentario. Aínda que puidese semellar que, dado o uso do galego no medio rural, non debería haber problemas cos nomes galegos, é unha queixa cotián no centro a dificultade que temos todos para coñecer a terminoloxía técnica ou os nomes galegos das novas variedades de plantas.

Non adoita haber moitos problemas coas árbores e plantas autóctonas ou coas labores ou ferramentas tradicionais do campo, aínda que os localismos nas denominacións crean máis dunha confusión á hora de identificar cada cousa. O verdadeiro problema xurde coas novas técnicas produtivas ou coas novas variedades que aparecen no mercado. Isto é especialmente importante no sector ornamental e, incluso, nos eidos da horticultura, a fruticultura ou a vitivinicultura.

Sabemos que é unha labor inxente pero esperamos que coa vosa axuda e, sobre todo, coa vosa comprensión, vaiamos entre todos completando esta base de datos que, por suposto, estará gratuitamente a dispor de toda a comunidade na páxina web.

Dadas as súas grandes diferenzas tentaremos facer dúas seccións, unha coas especies e outra cos termos técnicos (ferramentas, máquinas, procesos, etc.).

Se facedes clik nos seguintes enlaces podedes acceder ás dúas bases de datos:




Se desexas colaborar con nos non tes máis que cubrir os formularios que esperamos pór ó voso dispor a maior brevidade nesta páxina e enviarnos a información que estimes conveniente ou enviarnos un correo electrónico coas túas achegas ou suxestións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario